Nicer, fillo de Clutoso ou na forma en latín
Nicer Clutosi, foi un príncipe dos
galaicos, fillo de
Clutoso, que mandou sobre a tribo dos
albións durante o
século IV.
Historia
Tense constancia del polos restos epigráficos atopados en
1932 na desembocadura do río
Eo, en
Vegadeo, onde foi descuberta a
Estela de Nicer, príncipe dos
albións (
princeps Albionum).
A inscrición da estela é a seguinte :
«XP NICER CLUTOSI Ɔ CARIACA PRINCIPIS ALBIONUM AN LXXV HIC S EST»,
Cuxa tradución é: Nicer, (fillo) de Clutoso (do castro) de Cariaca, (da casa) do príncipe dos Albións, de 75 anos, xace aquí.
Hoxe en día está exposta no Museo Arqueolóxico de Asturias, en
Oviedo.
Cultura
Apoiando militarmente a estes soberanos, é posible que cada
tribo galaica contara cun grupo de nobres e guerreiros que proporcionaban protección á tribo e nos que probablemente recaia a administración local de cada castro dentro da tribo. O seu
status social ao igual que os soberanos, amosábase non só no poder político, ou adquisitivo das súas pertenzas senón o uso de determinados obxectos simbólicos intimamente vencellados ás clases altas da aristocracia como eran o
torque.
Localización
O territorio da tribo dos albións estaba comprendido dentro do
Convento lucense, que se situarían no territorio costeiro comprendido nas marxes do
Navia, no que na actualidade é a
Asturias occidental.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Outros artigos
0 comentarios:
Publicar un comentario