Agustín Rodríguez Santiago
Información persoal | |||
---|---|---|---|
Nome completo | Agustín Rodríguez Santiago | ||
Nacemento | 10 de setembro de 1959 (53 anos) | ||
Lugar | Marín, Galicia | ||
Altura | 1,92 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1975–1978 | Real Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
1978–1980 | Castilla | 49 | (0) |
1980–1990 | Real Madrid | 76 | (0) |
1990–1994 | Tenerife | 55 | (0) |
Total | 180 | (0) | |
Selección nacional | |||
1978 | España sub-18 | 6 | (0) |
1979 | España sub-19 | 3 | (0) |
1979–1980 | España sub-20 | 5 | (0) |
1978–1982 | España sub-21 | 11 | (0) |
1980–1982 | España sub-23 | 2 | (0) |
1979–1980 | España amateur | 3 | (0) |
1981 | España B | 1 | (0) |
* Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
Agustín Rodríguez Santiago, nado o 10 de setembro de 1959 en Marín, é un ex futbolista galego. Xogaba de porteiro e foi internacional nas categorías inferiores da selección española.
Traxectoria
Entre 1981 e 1983 xogou con regularidade, conseguindo o trofeo Zamora na tempada 82-83 ao encaixar 25 goles en 29 partidos. A pesares dese bo comezo perdeu a titularidade ante a competencia de Miguel Ángel, Ochotorena e Francisco Buyo. Voltaría a recuperar o posto de titular na segunda metade da tempada 85-86 debido á lesión de Ochotorena, chegando a xogar dous partidos da Copa da UEFA, un deles o da final contra o 1. FC Köln, no que o Real Madrid gañou 5-3.
Agustín deixou o equipo ao remate da tempada 89-90 e fichou co CD Tenerife. Durante os seus catro anos no mesmo o equipo clasificaríase por ver primeira para unha competición europea (a Copa da UEFA).
Retirouse no ano 1994 despois de xogar 131 partidos en primeira división, e tras o seu retiro foi adestrador de porteiros durante un breve período de tempo no CD Tenerife.
0 comentarios:
Publicar un comentario